FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020 - 2021



Informamos da apertura do prazo de solicitudes para o Fondo de Libros e Axudas para Material Escolar en Primaria e na ESO para o vindeiro curso (Orde do 12 de maio de 2020).

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario deberán devolver os libros de texto do presente curso 2019/2020. A non devolución será causa de exclusión da participación do Fondo Solidario no curso 2020/2021. O centro informará ao longo do mes de xuño, a traves de Tok App e por outros medios, das condicións e prazos nas que se realizará a devolución dos libros de texto.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 
Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/2021.

ONDE PODEN ATOPAR A SOLICITUDE?
  • Poden recollelo presencialmente na Secretaría do centro, de 09:30 a 13:30 horas, de luns a venres (recomendamos que chamen con anterioridade para solicitar cita previa para cumprir coas normas de seguridade, autoprotección e distancia interpersoal)
ONDE PODEN PRESENTAR A SOLICITUDE?
No Colexio Manuela Rial Mouzo:
  • Presencialmente na Secretaría do centro, de 09:30 a 13:30 horas, de luns a venres (recomendamos que chamen con anterioridade para solicitar cita previa). 
  • Por correo ordinario: Enviando a documentación á nosa dirección (R/ A Mariña. 7- 15270 Cee A Coruña).
  • Vía electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia). No caso de facelo por esta vía, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno. 
PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES
O prazo comeza este luns 25 de maio e, aínda que o prazo oficial remata o 19 de xuño de 2020, rogámoslles entreguen as súas solicitudes non máis alá do venres 12 de xuño. 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA
  • Presentar impreso da solicitude e impreso de comprobación de datos dos membros computables (Anexo I e II) correctamente cubertos. 
  • Copia de libros de familia onde aparecen todos os membros da unidade familiar. * Consultar situacións especiais (divorcio, discapacidade, violencia de xénero...) na Orde ou ben nestas Instrucións.