MANIFESTO SUSTENTABLE ESO_REPSOL ZINKERS

 PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO GENIALLY




Ola mundo! Son Area a balea a cara visible da sustentabilidade do Manuela Rial Mouzo. Loito contra o cambio climático provocado pola mala xestión do ser humano.

Utilizo unha ferramenta manual que non precisa de enerxías contaminantes. A lupa detectora de boas prácticas ODS.

O meu traballo está baseado na economía circular. Obteño, produzo, consumo, reutilizo e reciclo as miñas lupas.

Vivo en lugares onde hai boa calidade do aire e desprázome nadando, unha maneira moi sustentable de moverse.

Estou aquí para que coñezades a historia da vila de Cee asociada os ODS.

Fun deixando pegadas polo pobo en forma de xoaniña. Cada xoaniña ten a cor característica de cada ODS. O voso obxectivo é atapalas e xustificar a colocación. Escollín as xoaniñas porque dise que perciben os cambios de tempo. A canción pídelle a xoaniña saber se vai sol ou chuvia. Queda constancia do cambio climático grazas a elas.

 

O ODS 1 ou FIN DA POBREZA quixemos relacionalo cos medios de transporte. Imos a remontarnos ao ano 1920 cando a primeira empresa de autobuses da vila se puxo en marcha. Falamos polo tanto de principios do S.XX e dun pobo bastante afastado das grandes cidades situado en plena Costa da Morte. Supuxo unha revolución ademais de ser unha maneira sustentable de xestionar as viaxes. Moitas persoas tiveron que emigrar a outros países para poder gañar un xornal. Daquela ninguén tiña coche particular non sería de extrañar que houbese persoas que se subisen a estos autobuses para viaxar A Coruña e embarcar cara América. Unha manera particular de saír da pobreza. Dende a escola quixemos construír coches con material de desfeita porque os nenos aínda que sen posibles teñen dereito a xogar. Non ter con que é un indicador de pobreza.

 

Para o ODS 2 ou FAME 0 imos a falar da mesma época que o anterior mediados do S. XX. No pobo había varios fornos de pan, un alimento básico. Dotar as comunidades dos recursos necesarios para cultivar, manufacturar e consumir alimentos elementales é unha necesidade. Os panadeiros e panadeiras do pobo eran moi solidarios. Dende as nosas aulas imos a aprender a elaborar pan para ser autosuficientes no eido da alimentación. Aproveitaremos para facer figuras humanas para concienciar e concienciarnos.

 

O ODS 3 tamén ten as súas referencias no pasado. Na zona do recheo do pobo hai un monumento moi axeitado para este obxectivo. Está adicado aos médicos rurais que fixeron unha labor tan complicada como necesaria. Hoxe en día contamos con centro médico e hospital pero non podemos esquecer aqueles comezos. En homenaxe construiremos unhas camas emocionais para concienciar no descanso e coidar a saúde para non caer enfermos.

 

O ODS 4 tócanos moi preto: EDUCACIÓN DE CALIDADE. Fernando Blanco de Lema naceu en Cee no ano 1796 emigrou a Cuba e alí fixo unha fortuna que donou ao pobo que o viu nacer. Quixo que se levantase un instituto onde as nenas e os nenos da vila poidesen estudar. Neste centro nunca faltou de nada. Homenaxeando a este gran filántropo distribuiremos no centro bolsas de tea con libros para poñer en valor a educación e a aprendizaxe responsables.

 

O ODS 5 ou IGUALDADE DE XÉNERO tiñamos que enmarcalo no mural CAMIÑANDO POLA IGUALDADE situado na praza OTERO LASTRES. Unha composición onde as persoas son as protagonistas, no importa a idade ou o xénero, camiñan xuntas sen importar o destino. Colocamos pegadas de pés polos andadeiros para concienciar en camiñar pola igualdade.

 

O ODS 6 trata sobre a AUGA LIMPA E O SANEAMENTO. Unhas das fontes máis emblemáticas de Cee é a que está situada no PAZO DE COTÓN. É unha construcción bastante característica cun cruceiro enriba. A canalización das augas e o saneamento tiveron que ser pezas chave no desenvolvemento do pobo. Moitos veciños encheron xenllas, botijos e botellas de auga ao longo da historia. Moitos nenos saciaron a sede despois de longos xogos polas rúas máis antigas. Recolleremos auga no noso patio en recipientes reciclados para utilizala no rego das plantas que temos no interior.

 

O ods 7 di: ENERXÍA ASEQUIBLE E NON CONTAMINANTE. A igrexa de Cee está contruída na parroquia de Santa María da Xunqueira. As orixes do templo actual sitúanse no S. XIV, era de estilo gótico, de esa época consérvase a capela maior, o resto foi destruido no S. XIX na guerra da Independencia contra os franceses. A igrexa foi reconstruída no S. XIX. Por que contamos todo isto? Porque unha esquina desta igrexa hai un reloxo moi particular. O reloxo é de sol. Servíndonos ese de exemplo elaboraremos outros para poñer en valor as enerxías limpas.

 

O ODS 8 TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONÓMICO enfocámolo no RECHEO PEPE SÁNCHEZ. A mediados dos anos 70 púxose en marcha o proxecto de recheo da ría. Ademais de permitir gañar terreo ao mar, erradicou os malos olores xa que ían a parar alí todo tipo de augas. Estableceremos equipos de axuda na biblioteca para sacar o traballo adiante. Estos voluntarios promocionarán os libros relacionados co desenvolvemento sustentable e a divulgación da historia do pobo.

 

O ODS 9 di: INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUCTURAS. Nesta breve historia de Cee non podiamos esquecer ao grande arquitecto nado no pobo DOMINGO ANTONIO DE ANDRADE. Mestre do barroco galego do S. XVII. No ano 1990 levantouse ao carón do concello un monumento na súa honra. Tomando como referencia a este grande arquitecto deseñaremos un monumento pola sustentabilidade con materiais de desfeita.

 

ODS 10: REDUCCIÓN DAS DESIGUALDADES. Hai un monumento en Cee adicado á muller traballadora. Colocouse na praza 8 de marzo no ano 2007. Que mellor maneira de traballar sobre a desigualdade que divulgar mediante vídeos a igualdade de xénero e poñer en valor o traballo da muller ao longo da historia.

 

ODS 11: CIDADES E COMUNIDADES SUSTENTABLES. O Concello de Cee construiuse no ano 1982 e foi un deseño do arquitecto José Ramón Soraluce Blond. Recentemente no ano 2022 rehabilitouse para convertilo nunha edificación eficiente. Queremos aprender do exemplo de construcción adaptada ao aforro enerxético por iso imos a facer debuxos onde indiquemos qué cambios se poden facer nun fogar para adaptalo aos novos tempos.

 

ODS 12: PRODUCCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES. Recentemente na zona do pazo de Cotón e a fonte da que xa falamos pintouse un novo mural. Desta volta representouse distintas facetas da vida cotiá dalgunhas persoas que se adican a explotación do mar, do campo ou a elaboración de cestas artesanais. Pareceunos unha excusa perfecta para facer papel reciclado xuntando a prensa de varias semanas. Buscámoslle saída aos periódicos e facemos papeis para traballos artísticos.

 

ODS 13: ACCIÓN POLO CLIMA. O camiño a Fisterra pasa por Cee. Ademais cando chegan ao alto da Armada vén por primeira vez dende a saída de Santiago o mar. Fai poucos anos colocouse un reclamo en forma de peza artística na alameda. Reivindicamos os desprazamentos a pé grazas ao Camiño de Santiago.

 

ODS 14: VIDA SUBMARINA. O monumento_fonte que representa unha COLA DE BALEA. Está situado na praza do Mercado. Con esta peza preténdese lembrar a importancia que tivo a caza de cetáceos no desenvolvemento do concello. En Caneliñas houbo unha factoría baleeira. Pechou en 1985, sendo a última en España en cesar a súa actividade. Pensábase que o topónimo de Cee podía derivar da palabra cetus, que significa balea. As últimas investigación concluíron que ven do gaélico Cé que quere dicir porto. A relación de Cee coas baleas está moi clara. Quedándonos coa positividade da conservación da especie queremos homenaxear aquelas aulas do cole máis ecolóxicas agasallándoos con ECOtrofeos en forma de cetáceos.

 

ODS 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES. Presentamos a praza da escritora Concha Blanco. Estudaremos a vida deste pequeño ecosistema terrestre para aprender a coidalo. Fixemos árbores con libros inservibles.

 

ODS 16: PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS. O monumento adicado OS DEFENSORES DAS LIBERDADES E OS DEREITOS HUMANOS. Colocouse no recheo no ano 1997. Moldeamos bonecos de papel de aluminio reciclado recreando o monumento.

 

ODS 17: ALIANZAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS. A praciña do Olvido é quizais o lugar máis característico do pobo. Pouco se sabe da súa creación. Para nós vai a ser o lugar de encontro de tódalas xoaniñas que fomos atopando. Fixemos unha cadea de xoaniñas igual que os ODS relacionanse uns cos outros de maneira circular.


CARPETA DE IMAXES E VÍDEOS