FAI CLIC ENRIBA DA IMAXE QUE CORRESPONDA
ENQUISA ALUMNADO PRIMARIA:
O Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información(PLEA) é un documento de centro que integra todas as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades no uso e no tratamento da información, e tamén á comunicación do coñecemento, como apoio á adquisición das competencias clave.
A elaboración do PLEA xustifícase no seguinte marco normativo:
•LEI ORGÁNICA 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE)
• DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria
• DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato
• RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2025/26
• RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
Como punto de partida para a elaboración do plan cómpre avaliar o resultado destas enquisas.
ENQUISA FAMILIAS:
ENQUISA PROFESORADO PRIMARIA:




