MANUELA NO PAÍS DAS MARABILLAS

 


Manuela no país das marabillas é un proxecto que ten que ver cos espazos que habitamos. Os habitáculos onde xogamos, lemos, descansamos... Espazos a escala
humana nas distintas etapas da vida. No caso do noso alumnado entre os 3 e os 16 anos. Manuela igual que Alicia entra nun mundo no que as veces non se encaixa. Podemos ser pequenos e o espazo facerse moi grande ou ser grandes e o espazo facerse pequeno.
Imos a repensar aqueles lugares onde xogamos e imaxinamos. 
Queremos que sexan espazos multiformas que se podan adaptar as necesidades de cada momento.
Xogaremos a construír un mundo exterior (patio) e outro interior (espazos comúns dentro do recinto).
Ademais de dinámicos serán inclusivos xa que todxs temos que estar representados física e ideolóxicamente.
Traballaremos as proporcións, as cores, a estética, a orixinalidade, a sustentabilidade...
Ademais non esqueceremos a necesidade de respectar o espazo propio (íntimo).

OBXECTIVOS:

- Crear habitáculos (nas aulas, nos patios...) seguros onde poder xogar, ler, descansar...
- Aprender a respectar os espazos alleos.
- Ler e analizar a historia de ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS como fonte de inspiración para o PDI.
- Manter limpos os espazos comúns.
- Saber orientarse no espazo.
- Valorar e interesarse polas manifestacións artísticas (arquitectónicas e culturais) da contorna.
- Fomentar a visión crítica sobre a realidade e formar cidadáns responsables coa preservación do medioambiente.
- Impulsar a creatividade e unha certa visión lúdica na aprendizaxe.


3 ANOS: Conejos / Coellos

4 ANOS: Gatos

5 ANOS: Orugas_Mariposas

Eirugas_Bolboretas


CAPÍTULO 1_1° EP: No tobo do coello

CAPÍTULO 2_2° EP: O charco de bágoas

CAPÍTULO 3_3° EP: Unha carreira tola e unha longa historia

CAPÍTULO 4_4° EP: A casa do coello

CAPÍTULO 5_5° EP: Consellos dunha eiruga

CAPÍTULO 6_6° EP: Porco e pementa

CAPÍTULO 7_BIBLIO: Unha merenda de tolos

CAPÍTULO 8_PATIO: O croquet da raíña

CAPÍTULO 9_1° ESO: A historia da falsa tartaruga

CAPÍTULO 10_2° ESO: O baile da langosta

CAPÍTULO 11_3° ESO: Quen roubou as tortas?

CAPÍTULO 12_4° ESO: A declaración de Alicia


Imos a decorar as portas e o interior das aulas cos capítulos da obra:



As portas van a ir forradas con papel branco e as ilustracións impresas en papel branco tamén.