ATENCIÓN oportunidade para escribir e ler CONTOS DE NADAL


CONTOS DE NADAL da Voz de Galicia

BASES
Obxecto: o obxectivo do presente concurso é descubrir o talento literario e espertar a imaxinación entre os escolares da Costa da Morte.
Participantes: poderán participar todos os nenos que estuden 2.º ciclo de primaria en todos los centros escolares da Costa da Morte.
Texto: cada unha das creacións poderá ter unha extensión máxima de dous folios por unha cara (1.500 caracteres). A temática dos contos deberá estar relacionada co Nadal.
Desenvolvemento: de entre todos os contos recibidos, o xurado elixirá dez que serán publicados en La Voz de Galicia. De entre eses dez sairán os tres gañadores, que serán emitidos a través de Radio Voz Bergantiños.
Categorías e premios: establécense premios aos tres mellores e diplomas aos seleccionados.

Prazo e lugar de inscrición: cada colexio deberá enviar os textos correctamente identificados á delegación de La Voz de Galicia (R/ Gran Vía 84 – 1º. 15100 Carballo) ou entregalos no seu concello respectivo, antes do mércores 30 de novembro do 2017.