O 1 de abril celebrarase o DÍA DAS ARTES GALEGAS_Homenaxeado LUÍS SEOANE

ENLACE A RECURSOS DIDÁCTICOS
O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2019, homenaxea a Luís Seoane. Queremos aproveitar a ocasión para difundir os libros  que a Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes de A Coruña nos fixo chegar para agasallar ás bibliotecas escolares.
Todas aquelas bibliotecas que,  promovendo  actividades creativas e artísticas, celebren esta data e que teñan traballos sobre Seoane, poden envialos antes do 15 de abril ao correo da Asesoría e recibirán un lote destes libros.
Agradecemos á Asociación de Amigos e ao Museo de Belas Artes a súa achega para dotar de fondos de Arte en galego as bibliotecas escolares de Galicia.
A Rede do Patrimono Cultural achega dous documentos de traballo, para todas as idades, conscientes de que o mellor camiño para a conservación do Patrimonio é o coñecemento.