#ODSéate coas BIBLIOS

Desde o ámbito bibliotecario recoñécese a importancia dos Obxectivos da Axenda 2030. Tamén as bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha Educación de Calidade (Obxectivo 4), mais tamén para protexer y salvagardar o patrimonio cultural (Obxectivo 11.4). Ademais, a biblioteca, como espazo de compensación de desigualdades, proporciona un acceso igualitario á tecnoloxía da información e das comunicacións (Obxectivos 9c e 17.8) .