I LOVE TREES_21 MARZO

O día 21 de Marzo celebramos o DÍA DOS BOSQUES. Este ano propoñemos a ARBOTERAPIA, a terapia de abrazar árbores para sentirnos máis preto da NATUREZA. É un bo exercicio de relaxación e unha boa maneira de compensar a falta de apertas. Podemos facer algún agasallo para a árbore que abracemos e atalo arredor dela.