FONDO DE LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022
Informamos da apertura do prazo de solicitudes para
o Fondo de Libros e Axudas para Material Escolar en Primaria e na
ESO para o vindeiro curso (Orde de 6 de maio de 2021).
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario deberán
devolver os libros de texto do presente curso 2020/2021. A non devolución
será causa de exclusión da participación do Fondo Solidario no curso 2021/2022.
O centro informará ao longo do mes de xuño, a través de Tok App e por
outros medios, das condicións e prazos nas que se realizará a devolución
dos libros de texto.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes
legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos que
estean admitidos no mesmo centro docente
para o curso 2021/2022.
ONDE PODEN ATOPAR A SOLICITUDE?
- Como arquivo
anexo neste mesmo comunicado (poden descargalo e cumplimentalo).
- No blogue
do Colexio Manuela Rial Mouzo (poden descargalo e
cumplimentalo).
- Poden
recollelo presencialmente na Secretaría do Centro, de 9:30 a 13.30
horas, de luns a venres (recomendamos chamen con anterioridade para
cumplir coas Normas de seguridade, autoprotección e distancia
interpersoal.)
- No
portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal ou na sede electrónica da
Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
ONDE PODEN PRESENTAR A SOLICITUDE?
- No Colexio Manuela Rial
Mouzo: presencialmente na Secretaría do Centro, de 9:30 a 13.30
horas, de luns a venres (recomendamos chamen con anterioridade para cumplir
coas normas de seguridade, autoprotección e distancia interpersoal.)
- Vía electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia). No caso
de que se tramite a solicitude por esta vía será necesaria a presentación dunha
solicitude por cada alumno.
PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES.
Aínda que o prazo oficial para presentalas comeza o venres 21
de maio de 2021 e remata o día 22 de xuño de 2021, rogámoslles entreguen as
súas solicitudes non máis alá do martes 15 de xuño.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
a) Presentar impreso da solicitude (Anexo
I da Orde) e impreso de comprobación de datos dos membros computables (Anexo II da Orde) correctamente
cubertos.
b) Copia do libro de familia onde aparecen todos os membros da unidade
familiar. *Consultar situacións especiais (divorcio, discapacidade, violencia
de xénero,...) na Orde ou ben no Documento Anexo INSTRUCIÓNS