CEE Monumental, querido WATSON_PDI

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO_CURSO 2022/23

CEE monumental, QUERIDO WATSON

1.- TÍTULO: CEE monumental, QUERIDO WATSON

2.- INTRODUCIÓN:

CEE monumental, QUERIDO WATSON ten como finalidade a realización dunha pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da nosa contorna.

O proxecto sobre o que queremos investigar neste curso toma como punto de partida os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Os que están directamente relacionados coa temática a tratar son ODS 5_Igualdade de xénero, ODS 8_Traballo decente e crecemento económico e ODS 11_Cidades e comunidades sustentables.

O proxecta + ábrenos unha canle onde a sustentabilidade é a gran protagonista.

O fío conductor da nosa investigación vai a ser o detective Sherlock Holmes que terá que ir descubrindo enigmas presentes na historia do noso pobo: CEE.

Deste xeito o alumnado terá que coñecer a figura creada polo escritor Arthur Conan Doyle para poder facer de detectives/investigadores do patrimonio ceense.

Pretendemos divulgar o por que dos monumentos da vila. Coñecer os persoeiros máis relevantes en distintos ámbitos sempre da man do ODS 5, a igualdade de xénero.

A nosa paisaxe marítima sufriu distintas transformacións que o noso alumnado non coñece, grazas ao proxecto conseguiremos revertir o descoñecemento.

A flora e a fauna da ría de Cee tamén é singular pero… que a distingue? que fai que sexa única?

Interésannos tamén os xogos tradicionais. Poñerémonos en contacto coas familias para que nos conten a que xogaban cando eran nenos, que lugares escollían…

A gastronomía, a música, a danza, a flora, a fauna… xogarán un papel importante.

O traballo final pretende ser un conto onde un personaxe inventado polos nenos contará a historia froito das pescudas.

3.- OBXECTIVOS:

- Coñecer as 17 ODS e máis concretamente as tres relacionadas co noso proxecto.

- Valorar a figura do detective Sherlock Holmes e facer de detectives da historia de Cee.

- Facer unha listaxe de monumentos de Cee e figuras/persoeiros relevantes.

- Investigar sobre a transformación paisaxística do pobo.

- Saber ata onde chegaba o mar facendo entrevistas e buscando fotografías antigas.

- Recoñecer a fauna e flora típica da vila.

- Aprender a valorar o patrimonio da contorna.

- Ensinar o valor do produto de cercanía.

- Recopilar os xogos tradicionais típicos.

- Coidar o patrimonio material e inmaterial.

- Acabar cos prexuízos que temos dalgúns monumentos.

- Utilizar o CAMIÑO DE SANTIAGO A FISTERRA para coñecer a gastronomía galega.

- Crear un personaxe e unha historia para construír un relato.

- Divulgar e poñer en valor a nosa historia.


EVOLUCIÓN DO PDI:

- Cada semana na entrada da BIBLIOTECA plantexamos un RETO sobre o proxecto e algunha conmemoración sinalada. Os retos tamén están colgados no blogue da BIBLIO:
 
RETO 1 - RETO 2 - RETO 3 - RETO 4 - RETO 5 - RETO 6

- Dentro das aulas imos buscando información sobre distintos monumentos e facemos creacións plásticas relacionadas coas pescudas:











6._ PRACIÑA DO OLVIDO




8._ ESCUDO DO POBO


9._ IGREXA DE CEE

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO: