PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE TRABALLOS
AS EMOCIÓNS: O MEDO
MONSTRO DE CORES
3 ANOS: AMARELO
4 ANOS: AZUL
5 ANOS: VERDE
1° EP: MONSTRUOS S.A
2° EP: LA FAMILIA ADAMS
3° EP: COCO
4° EP: A NOIVA CADÁVER
5° EP: SREK
6° EP: CAZAFANTASMAS
1° ESO: ET
2° ESO: ONDE VIVEN OS MONSTROS
3° ESO: DRÁCULA
4° ESO: FRANKESTEIN
PLAN PROXECTA+_PASAPORTE SOLIDARIO
Un cole monstruosamente
solidario
1.- TÍTULO: Un cole MONSTRUOSAMENTE SOLIDARIO
2.- INTRODUCIÓN:
Imos a superar os nosos medos e afrontar un proxecto entre toda a comunidade educativa para sacar adiante unha acción solidaria que englobe distintas accións que impliquen traballar valores como a empatía, o respecto, a inclusión…
É unha invitación a celebrar a diversidade e a construír pontes de amor e respecto.
Hai persoas que se sinten ou sentiron “monstros” sen selo, ás que a sociedade fai sentir distintos.
Grazas a Arte poden exteriorizarse e canalizarse os sentimentos e os monstros que levamos dentro. Cómpre solidarizarse con aquelas persoas que precisen sentirse aceptadas.
O proxecto pretende fomentar a acción voluntaria do alumnado, o coñecemento e a adquisición de habilidades que impliquen un compromiso coa realidade social coa que conviven e con entidades implicadas na mellora social comunitaria.
3.- OBXECTIVOS:
- Superar os medos e complexos propios ou impostos.
- Implicar a comunidade educativa neste proxecto de aceptación da diversidade.
- Traballar valores como a empatía, o respecto…
- Concienciar sobre a importancia da inclusión.
- Interiorizar a utilidade dos 17 ODS a longo prazo.
- Ler e valorar obras artísticas relacionadas co medo e a solidariedade.
- Desenvolver as capacidades do alumnado para localizar información, analizala e responder aos problemas que se lle presentan.
- Promocionar,
visibilizar e intercambiar accións solidarias dedicadas á transformación e ao
cambio social.
4.-ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO e METODOLOXÍA:
Unha vez recopiladas as ideas previas formaranse equipos colaborativos. No proxecto participarán nen@s de PRIMARIA e ESO. Cada curso formará un equipo que deberá traballar sobre aspectos concretos da temática. Para o noso proxecto é moi importante a planificación, asignación de roles e definición de tarefas e tempos.
Utilizaremos
a biblioteca do centro como eixe central do proxecto e lugar común onde poder
intercambiar ideas. Asignaremos horarios por aula para traballar parte do
proxecto na biblioteca. A biblioteca virtual daranos acceso a un blogue
específico do proxecto organizado por cursos. A búsqueda de información é unha
parte moi importante para lograr os obxectivos. Mediante a creatividade
poderemos sacar adiante ideas. Poñeremos en práctica as competencias clave de
maneira transversal e sempre dende unha aprendizaxe significativa. A
colaboración entre toda a comunidade educativa é esencial.
5.- AVALIACIÓN:
A
avaliación inicial comeza no momento en que lles preguntamos aos alumnos, que
saben sobre o título do proxecto: UN COLE MONSTRUOSAMENTE SOLIDARIO. A partir
desa premisa avaliaremos o proceso de aprendizaxe e o produto ou resultado. Os
alumnos son o fío condutor da aprendizaxe e xunto con eles decidiremos que
queren saber e como podemos conseguilo. Será unha avaliación continua,
formativa e sumativa.
MONSTRUO DE LOS COLORES en SALÓN INFANTIL
- Figuras monstruos del color del mandilón y negros para colgar
MONSTRUOS SA + SHREK en biblio
- Banderines monstruos SA e portas + corazón Srek
FAMILIA ADAMS entrada biblio
- Man e castelo.
COCO + NOVIA CADÁVER en SALÓN ACTOS
- Guitarras, calaveras guirnaldas...
- Mano con anel e bolboreta
CAZAFANTASMAS en LUDOTECA























