Hoxe día 16 de OUTUBRO celébrase o día das escritoras.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.
Este ano a temática elexida é a expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para as mulleres.
Temos o pracer de homenaxear a teacher Lupe que ademais de ser profe do cole é unha grande escritora.
Naceu na Coruña en 1981 e viviu a súa infancia a cabalo entre EEUU e Galicia. Licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade da Coruña.
Todos coñecemos moi ben o divertidísimo chouta Saltarín, a filla da Ruña ou o Conto de Quilmas do que hoxe nos vai a falar.
Como conta Antoine Saint Exutpery no Principiño "A súa risa era para min como unha fonte no deserto". Así é a nosa Lupe, mestra do conto, agarimosa e sempre cun sorriso nos beizos.
Chouta Lupe e fainos choutar coas túas verbas.
E xa sabedes... LER É ESENCIAL, DÁDELLE VISIBILIDADE!!!