CLUBS DE LECTURA_ESTRAMBÓTICOS PRINCIPIÑ@S do MANUELA

 

NOME XERAL CLUBS: ESTRAMBÓTICOS PRINCIPIÑ@S DO MANUELA

1º GRUPO_1º EDUCACIÓN PRIMARIA: Profesoras coordinadoras do club serían Pilar Fernández Santamarina e Raquel Sande Riveiro. O número de participantes sería de 14.

NOME DO CLUB: Principiñ@s de primeiro.

2º GRUPO_3º EDUCACIÓN PRIMARIA: Profesoras coordinadoras do club serían Beatriz Montero López e Vanesa Rey Domínguez. O número de participantes sería de 30.

NOME DO CLUB: Principiñ@s de terceiro.

3º GRUPO_5º EDUCACIÓN PRIMARIA: Profesores coordinadores do club serían Eduardo Rodríguez Veiga e Abraham Álvaro Ríos Fidalgo. O número de participantes sería de 31.

NOME DO CLUB: Principiñ@s de quinto.

4º GRUPO_1º ESO e 2º ESO: Profesora coordinadora do clube serían Mónica Allo González. O número de participantes serían entre 10 e 15.

NOME DO CLUB: Principiñ@s polo mundo.

5º GRUPO_3º ESO e 4º ESO: Profesora coordinadora do clube serían Leticia Alvariñas Gómez. O número de participantes serían entre 10 e 15.

NOME DO CLUB: Principiñ@s con Arte.

__________________________________________________________________

O primeiro destinado a alumnado de 1º de Educación Primaria. Estamos pensando en escoller os libros: O ESTRAMBÓTICO PRINCIPIÑO e CHOUTA SALTARÍN.

O segundo para alumnado de 3º de Educación Primaria. Estamos pensando en escoller O PRINCIPIÑO en versión lectura sinxela e CHOUTA SALTARÍN ATA A FIN DA TERRA.

O terceiro para alumnado de 5º de Educación Primaria. Estamos pensando en escoller O PRINCIPIÑO orixinal a versión en galego e A FILLA DA RUÑA.

O cuarto para alumando de 1º e 2º da ESO. Estamos pensando en escoller EL PRINCIPITO SE FUE A LA GUERRA. Esta lectura será en castelán pola imposibilidade de conseguilo en galego. De todas maneiras as actividades realizadas serán en galego ademais de CONTO DE QUILMAS.

O quinto grupo para alumnado de 3º e 4º da ESO. As lecturas escollidas serán OTRA HISTORIA DEL ARTE, GALEGAS NAS ARTES e CONTANDO ESTRELAS.

E XA SABEDES... LER É ESENCIAL, DÁDELLE VISIBILIDADE!





PREME NAS IMAXES PARA VER NO QUE TRABALLA CADA CLUB: