É unha enorme alegría para min presentar o meu novo libro: ALICIA NO LABIRINTO DAS SOMBRAS, unha novela xuvenil publicada pola editorial BELAGUA.
Ambientada na nosa zona, a obra é un intento de dar visibilidade a un tema delicado: o do acoso escolar, e de sensibilizar a rapaces e tamén a maiores, posto que o bullying é un problema DE TODOS.
O libro non pretende dar solucións máxicas nin respostas fáciles senón abrir un espazo de reflexión, diálogo e empatía.
Debo agradecer á editorial BELAGUA, por apostar polo meu traballo, e a todas aquelas persoas que puxeron o seu gran de area para esta obra. Un agradecemento moi especial tamén á miña amiga homónima Guadalupe López Canosa, psicóloga, pola súa valiosa axuda.
Para rematar, dicir que este libro é PARA TODOS, non só para os adolescentes, pero tendo en mente especialmente ás ALICIAS, aos rapaces e rapazas vítimas do acoso escolar. Non estades sós.
Estamos desexando dende a biblio do centro ter un exemplar para poder deleitarnos.
Grazas Lupe!