ANO CASTELAO 2025

 



"A min abóndame un curruncho galego e a ledicia de ver a nosa paisaxe i escoitar o noso idioma. Eu creo, e repito con Heine, que dende a máis pequena fiestra pode contemplarse a inmensidade do ceo coma dende a máis pequena terra se pode comprender a grandeza do mundo. Endexamais tiven vocación de emigrante. E despois de ter percorridos moitos camiños estraños en contra da miña vontade, declaro que o nacer, vivir e morrer nunha mesma terra é a sorte máis grande que se lle pode desexar a unha criatura; pero a condición de que na terra nativa haxa liberdade e xustiza, pois sen estes dous bens tamén hai desterro na propia terra".

Estas palabras atopámolas no libro terceiro de "Co pensamento en Galicia", que Castelao escribiu xa no exilio arxentino. É o ensaio que recolle o seu pensamento político e que comezara a escribir a primeira vez que foi afastado de Galicia, en Badaxoz en 1934. Aquel manuscrito que hoxe se pode ver no Museo, xunto cunha estilográfica e as súas icónicas lentes, publicouse en 1944 en Bos Aires co título que hoxe coñecementos: "Sempre en Galiza".

Na cidade porteña morrería o 7 de xaneiro de 1950, sen acadar o seu desexo de facelo na súa terra, que non gozaba da liberdade e xustiza que demandaba.