VOZ NATURA 2025_26

 


PATRULLA MANUELA AO RESCATE

Voz Natura involucra este curso a 80.000 alumnos na loita contra a crise climática


«Lamentablemente, tras os incendios do mes de agosto, a decisión de dedicar esta edición de Voz Natura a mitigar os efectos da crise climática ha resultado máis pertinente do que desexásemos». Con esta reflexión arrinca o curso o comité científico do programa ambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que, no mes de xaneiro, lanzou unha proposta aos centros de fronte ao ano académico que arrinca hoxe: traballar desde as aulas para concienciar a toda a sociedade da grave crise climática que vive o planeta e actuar, na medida das súas posibilidades, para reducir os seus efectos. Entre eles, o quecemento da atmosfera ou as condicións meteorolóxicas extremas (ondas de calor), que agravaron os incendios deste mes de agosto, máis aló doutros factores.

Participación
A comunidade educativa aceptou o reto e hoxe son preto de 80.000 alumnos e 4.000 profesores os que arrincan a execución de 385 proxectos noutros tantos colexios, institutos e asociacións de Galicia. Farano co apoio da Consellería de Medio Ambiente, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, O Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex.

Os traballos incluirán todo tipo de actividades.
As patrullas Voz Natura botaranse aos montes que sobreviviron ao verán para seguir reforestando; continuarán vixiando a saúde dos ríos e as praias, e buscarán reducir a contaminación e a pegada ecolóxica fomentando o aforro enerxético ou a separación e reciclaxe dos residuos. As campañas de concienciación chegarán a toda a sociedade impulsadas desde a escola, a través dos proxectos Voz Natura.

Ao longo do curso, o programa organizará diversas actividades relacionadas coa temática central para incentivar a participación dos colexios e institutos.

Ademais, o comité científico visitará os centros para asesorar aos coordinadores dos traballos e velar polo rigor científico de todas as intervencións que se realicen nos ecosistemas. 

E a través as distintas seccións desta web canalizarase e informará de todas as propostas para este curso.