PROPOSTA para DÍA DA PAZ '21_30 XANEIRO

 


O obxectivo será vacinar ao alumnado do cole o 30 de xaneiro contra o virus EGOMUNDUM.
Para ese día imos precisar ter xeringas preparadas coa fórmula pacífica (debuxos da xeringa cos iconos dos ingredientes).
Tod@s @s vacinad@s terán que levar pegada no brazo unha tirita insignia do día no que desenmascaramos ó violentovirus EGOMUNDUM que fai que sexamos profundamente egoístas.