PARABÉNS FERNANDO BLANCO

 


Hoxe fai 226 anos do nacemento  🎂 🎉 🎁 dunha das figuras máis importantes da Vila de Cee, Don Fernando Blanco de Lema. 

Fernando Blanco de Lema naceu en Cee o 18 de outubro de 1796. Cando contaba con menos dun ano de idade morreu o seu pai, polo que a súa educación correu a cargo do seu curmán e padriño Fernando Blanco Giance, cura de San Xoán de Mazaricos, ó que debeu as súas sólidas crenzas relixiosas.


No 1809 as tropas francesas (Guerra da Independencia) matan ó seu padriño e arrasan a vila de Cee. A súa nai, viúva e con cinco fillos, decide enviar ós tres varóns a Ferrol, e, dende alí, con só trece anos, Fernando Blanco de Lema emprende viaxe para Cuba.


O seu primeiro traballo na illa caribeña foi de dependente nun ultramariños. Pasados uns anos decide dedicarse ó negocio da ferraxeria, creando varias tendas na illa, e sendo este negocio a base da súa fortuna. Ademáis de ser posuidor de intereses e accións en bancos e en compañías de ferro, estableceu estreitas relacións comerciais cun curmán emigrado a Nova Iorque, o rico empresario Bartolomé Blanco. En varias cartas dirixidas ó seu curmán podemos descubrir un perfil humano que nos avanza o filántropo que máis tarde se revelaría: home afectuoso, preocupado polos seus parentes máis desfavorecidos, confirmándonos a fortaleza dos lazos que sempre mantivo coa súa localidade natal.


Pouco antes de morrer, o 2 de Abril de 1875, redactou o testamento. Nél declara estar solteiro e sen fillos, decidindo empregar o groso da súa fortuna, valorada en 750.000 pesos de ouro, na construcción e mantemento dun Colexio de Primeira e Segunda Ensinanza na súa vila natal (Cee). Para levar a cabo esta misión nomea coma testamenteiros a Juan Álvarez Baldonedo e a Brígido Zavala, e como apoderado en España é nomeado Vicente Vázquez Queipo, insigne científico lugués. Todos eles levaron a cabo, no medio dunha agre disputa xornalística e legal, o magno proxecto que determinaría o nacemento da Fundación.


Fernando Blanco morreu en Cuba pouco despóis de asinar este documento (5 de Abril de 1875), repousando as súas cinzas na capela do Colexio que mandara fundar.


Neste mes celébrase por parte da Fundación Fernando Blanco de Lema "O Mes da Fundación", un mes cheo de actos para homenaxear a súa figura.


----


Hoy hace 226 años del nacimiento  🎂 🎉 🎁 de una de las figuras más importantes de la Villa de Cee, Don Fernando Blanco de Lema. 

Fernando Blanco de Lema nació en Cee el 18 de octubre de 1796. Cuando contaba con menos de un año de edad murió su padre, por lo que su educación corrió a cargo de su primo y padrino Fernando Blanco Giance, cura de San Xoán de Mazaricos, al que debió sua sólidas creencias religiosas.


En 1809 las tropas francesas (Guerra de la Independencia) matan a su padrino y arrasan la villa de Cee. Su madre, viuda y con cinco hijos, decide enviar a los tres varones a Ferrol, y, desde allí, con sólo trece años, Fernando Blanco de Lema emprende viaje para Cuba.


Su primer trabajo en la isla caribeña fue de dependiente en un ultramarinos. Pasados unos años decide dedicarse al negocio de la ferretería, creando varias tiendas en la isla, y siendo este negocio la base de su fortuna. Además de ser poseedor de intereses y acciones en bancos y en compañías de ferrocarril, estableció estrechas relaciones comerciales con un primo emigrado a Nueva York, el rico empresario Bartolomé Blanco. En varias cartas dirigidas a su primo podemos descubrir un perfil humano que nos avanza el filántropo que más tarde se revelaría: hombre afectuoso, preocupado por sus parientes más desfavorecidos, confirmándonos la fortaleza de los lazos que siempre mantuvo coa su localidad natal.


Poco antes de morir, el 2 de Abril de 1875, redactó el testamento. En él declara estar soltero y sin hijos, decidiendo emplear el grueso de su fortuna, valorada en 750.000 pesos de oro, en la construcción y mantenimiento de un Colegio de Primera y Segunda Enseñanza en su villa natal (Cee). Para llevar a cabo esta misión nombra como albaceas a Juan Álvarez Baldonedo y a Brígido Zavala, y como apoderado en España es mombrado Vicente Vázquez Queipo, insigne científico lugués. Todos ellos llevaron a cabo, en medio de una agria disputa periodística y legal, el magno proyecto que determinaría el nacimiento de la Fundación.


Fernando Blanco murió en Cuba poco después de firmar este documento (5 de Abril de 1875), reposando sus cenizas en la capilla del Colegio que mandara fundar.


En este mes se celebra por parte de la Fundación Fernando Blanco de Lema "O Mes da Fundación", un mes lleno de actos para homenajear su figura.


#turismodecee #concellodecee #fundaciónfernandoblanco #FernandoBlanco #costadamorte