Manuela no país das marabillas_PDI

 


Manuela no país das marabillas é un proxecto que ten que ver cos espazos que habitamos. Os habitáculos onde xogamos, lemos, descansamos... Espazos a escala humana nas distintas etapas da vida. No caso do noso alumnado entre os 3 e os 16 anos. Manuela igual que Alicia entra nun mundo no que as veces non se encaixa. Podemos ser pequenos e o espazo facerse moi grande ou ser grandes e o espazo facerse pequeno.
Imos a repensar aqueles lugares onde xogamos e imaxinamos. 
Queremos que sexan espazos multiformas que se podan adaptar as necesidades de cada momento.
Xogaremos a construír un mundo exterior (patio) e outro interior (espazos comúns dentro do recinto).
Ademais de dinámicos serán inclusivos xa que todxs temos que estar representados física e ideolóxicamente.
Traballaremos as proporcións, as cores, a estética, a orixinalidade, a sustentabilidade...
Ademais non esqueceremos a necesidade de respectar o espazo propio (íntimo).

OBXECTIVOS:

- Crear habitáculos (nas aulas, nos patios...) seguros onde poder xogar, ler, descansar...
- Aprender a respectar os espazos alleos.
- Ler e analizar a historia de ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS como fonte de inspiración para o PDI.
- Manter limpos os espazos comúns.
- Saber orientarse no espazo.
- Valorar e interesarse polas manifestacións artísticas (arquitectónicas e culturais) da contorna.
- Fomentar a visión crítica sobre a realidade e formar cidadáns responsables coa preservación do medioambiente.
- Impulsar a creatividade e unha certa visión lúdica na aprendizaxe.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS INFORMACIÓN: